sábado, 24 de decembro de 2016

Nadal 2016




¡Qué mellor xeito que pasar estes Nadais cun bo libro entre as mans! Pasando Páxina deséxavos unhas Felices Festas.





martes, 29 de novembro de 2016

25 N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero



Os alumnos do I.E.S de Carral decidieron facer un mannequin challenge para manifestarse en contra da violencia que hoxe día sufren moitísimas mulleres.Xa van 40 no noso país!
Non só quisieron manifestarse con imaxes senón tamén con palabras. Se vos fixades, veredes que nas súas mans teñen una haikus(poexía xaponesa formada por tres versos de 5, 7, 5 sílabas).
Aquí veredes o realizado na biblioteca Pasando Páxina, pero si ides á páxina de Educación e Benestar de Carral podéis atopar o realizado ese mesmo día no Concello.
Grazas a Educación e Benestar de Carral, grazas a todos os alumn@s e profesores que participaron neste vídeo.






domingo, 13 de novembro de 2016

Samaín 2016



Este ano houbo unha verdadeira competición entre @s alumn@s por ser @s gañadores dos diferentes concursos de Samaín, organizados por EDLG e a Biblioteca "Pasando Páxina".

E os gañadores son:

Rita Pardo e Candela Gómez (3º de E.S.O) por QUEN SABE MAIS DE MEDO?

Os alumn@s de 2º A por MELLOR AULA DECORADA








sábado, 22 de outubro de 2016

Samaín 2017






Benvid@s a tod@s a unha nova etapa da Biblioteca "Pasando Páxina", chea de ilusión, sonos, desexos...
Xa queda pouco para comezar as reunións dos luns do Club de Lectura "Pedra Rosetta". Este ano somos case cincuenta  persoas de todas idades, de primeiro a cuarto de E.S.O e con gustos e intereses moi diversos. Coñeceremos tod@s!!! Comeza a aventura 3,2,1...



xoves, 23 de xuño de 2016

luns, 30 de maio de 2016

Carral... temos unha exposición

Un grupo de profesores do IES de Carral e do CEIP Vicente Otero elaboramos un Proxecto de Traballo para as aulas que tiña como finalidade que o alumnado crease, presentase e visitase unha exposición. Este é o resultado.


venres, 27 de maio de 2016

PRESENTACIÓN DA REVISTA DEVANCAR



O pasado 18 de maio cumpriuse o 1º Centenario da constitución das Irmandades da Fala na Coruña. Sabido é que esta institución levou a cabo un inxente labor a prol da nosa lingua, sendo un dos principais obxectivos impulsar a actividade editorial, coa creación de editoriais, revistas e xornais, como canle óptima para espallar un idioma. Recollendo pois este testemuño deixado cen anos atrás, os alumnos e alumnas de 4º ESO PDC quixeron honrar a dita efeméride e continuar con esa tarefa vitalizadora da lingua e, asemade, para festexar esta data.

Para iso, o dito alumnado, coordinado pola súa profesora de Ámbito lingüístico e social Teresa Pastor Novo, presentou na biblioteca do IES de Carral a revista DEVANCAR, onde se recompilan os seus traballos de pintura e poesía,  focalizados na unidade didáctica “As vangardas europeas e a súa repercusión en Galicia”, obxecto de estudo no 2º trimestre deste curso.


O dito acto contou cunha nutrida presenza: ademais dos autores da mesma, xunto coa súa profesora, estiveron os inspectores de Educación Juan Carlos Varela e Elisardo Varela, a directora Fátima Castro e a concelleira de Educación do concello de Carral Florinda Duarte. Tamén estiveron as familias do alumnado autor da revista, alumnado de 1º e 3º ESO,  un alumno de 2º ESO A, David García Mallón, que foi o encargado de deseñar a portada da revista DEVANCAR e varios profesores e profesoras do centro. A directora do IES inaugurou o acto e a continuación deulle a palabra a coordinadora deste traballo, a profesora Teresa Pastor Novo, quen explicou o proxecto desenvolvido. Trala lectura dos seus poemas por parte do alumnado, interviron os inspectores de Educación antes nomeados e a concelleira de Educación para eloxiar o traballo feito. Como broche final, varios alumnos e alumnas interpretaron o himno do Antergo Reino de Galicia con gaitas e percusión, coordinados pola profesora de Música Mª José Miranda.






luns, 25 de abril de 2016

I LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE: QUIXOTÓN



Grazas a todos os alumnos e aos profesores, especialmente ao departamento de Lingua Castelá, que fixeron posible a lectura continuada do Quixote, celebrado o día 20 de abril na biblioteca "Pasando Páxina".




luns, 18 de abril de 2016

I CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


 

Animádevos! só quedan catro días para a entrega do voso marcapáxinas. Recordade o tema:
 O Quixote.


mércores, 24 de febreiro de 2016

#mobilizarosalía


Hoxe, 24 de Febreiro Día de Rosalía de Castro #mobilizarosalía

Negra Sombra

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome moza.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zona.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesmas moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro. (Follas Novas, 1880)

sábado, 30 de xaneiro de 2016

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ



Hoxe, 30 de Xaneiro conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, asasinado en 1948 a tiros por un fanático hinduista.

Aí vos quedan unhas cantas frases célebres para conmemorar o Día da Paz, escollidas por alumn@s e profesor@s do instituto. E vós? Xa tendes a vosa?





mércores, 27 de xaneiro de 2016

Visita de Xulia Vicente



O venres 22 de xaneiro, os alumnos do 1º ciclo da E.S.O disfrutaron da presenza de Xulia Vicente, unha das novas autoras de banda deseñada con máis proxección.

Xulia presentounos non só as técnicas e curiosidades do cómic senón tamén do apaixoado mundo das Belas Artes, carreira que como puidestes comprobar, tamén ten importantes saídas profesionais.

Finalmente tivemos o pracer de preguntarlle polo novo libro "Anna Dédalus, la mejor detective. El misterio de la mansión quemada", debuxado pola propia Xulia, en colaboración con Nuria Tamarit e escrita por Miguel A. Giner Bou. Este libro presentábao pola tarde, ás 19.30 en Alita Cómics.











venres, 22 de xaneiro de 2016



Rematamos o ano coa Exposición " Con A de Astrónomas".

Tivemos o pracer de recibir a pais de alumnos , e tamén a alumnos de 4º, 5º de primaria acompañados das súas profesoras.
Aquí déixovos uns vídeos nos que podemos ver o contido dos paneis narrados polos alumnos de 3º C



















Bo traballo, rapaces! Grazas a todos pola vosa colaboración e interese, en especial a Anxo, Paula, Luisa, Helena