domingo, 20 de maio de 2018

Visita da escritora Andrea Maceiras

O martes 24 de abril tivemos a visita da escritora Andrea Maceiras, quen mantivo unha charla co alumnado de 1º ESO que forma parte do proxecto Bágoas  de salitre levado a cabo pola profesora de Lingua galega e literatura do IES de Carral Teresa Pastor Novo.
Todos eles estaban desexosos de coñecer a autora, para ensinarlle  os seus microrelatos e agasallala cun cofre pirata “atopado” nun metafórico mar de Carral, unha maqueta do HSM Serpent( barco protagonista da obra) realizado pola alumna Amara Fernández García(1°B) e máis un cadro que recollía a descripción feita polo libro da autora, pintado pola alumna Candela Rodríguez Quintana( 1° B).