mércores, 27 de xaneiro de 2016

Visita de Xulia Vicente



O venres 22 de xaneiro, os alumnos do 1º ciclo da E.S.O disfrutaron da presenza de Xulia Vicente, unha das novas autoras de banda deseñada con máis proxección.

Xulia presentounos non só as técnicas e curiosidades do cómic senón tamén do apaixoado mundo das Belas Artes, carreira que como puidestes comprobar, tamén ten importantes saídas profesionais.

Finalmente tivemos o pracer de preguntarlle polo novo libro "Anna Dédalus, la mejor detective. El misterio de la mansión quemada", debuxado pola propia Xulia, en colaboración con Nuria Tamarit e escrita por Miguel A. Giner Bou. Este libro presentábao pola tarde, ás 19.30 en Alita Cómics.











Ningún comentario:

Publicar un comentario