sábado, 30 de xaneiro de 2016

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ



Hoxe, 30 de Xaneiro conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, asasinado en 1948 a tiros por un fanático hinduista.

Aí vos quedan unhas cantas frases célebres para conmemorar o Día da Paz, escollidas por alumn@s e profesor@s do instituto. E vós? Xa tendes a vosa?





mércores, 27 de xaneiro de 2016

Visita de Xulia Vicente



O venres 22 de xaneiro, os alumnos do 1º ciclo da E.S.O disfrutaron da presenza de Xulia Vicente, unha das novas autoras de banda deseñada con máis proxección.

Xulia presentounos non só as técnicas e curiosidades do cómic senón tamén do apaixoado mundo das Belas Artes, carreira que como puidestes comprobar, tamén ten importantes saídas profesionais.

Finalmente tivemos o pracer de preguntarlle polo novo libro "Anna Dédalus, la mejor detective. El misterio de la mansión quemada", debuxado pola propia Xulia, en colaboración con Nuria Tamarit e escrita por Miguel A. Giner Bou. Este libro presentábao pola tarde, ás 19.30 en Alita Cómics.











venres, 22 de xaneiro de 2016



Rematamos o ano coa Exposición " Con A de Astrónomas".

Tivemos o pracer de recibir a pais de alumnos , e tamén a alumnos de 4º, 5º de primaria acompañados das súas profesoras.
Aquí déixovos uns vídeos nos que podemos ver o contido dos paneis narrados polos alumnos de 3º C



















Bo traballo, rapaces! Grazas a todos pola vosa colaboración e interese, en especial a Anxo, Paula, Luisa, Helena