mércores, 25 de novembro de 2020

MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO


Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra as mulleres e as nenas.

A violencia de xénero é unha inxustiza manifesta que empobrece a nosa sociedade e impide o avance cara ao benestar común que todas e todos desexamos.

É un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas. É un problema de mulleres e de homes,da infancia,da xuventude,das persoas maiores,de calquera clase social,cultura ,ideoloxía ou relixión....É un problema global e mundial.

A violencia de xénero proxéctase en horizontal (cara ás mulleres e aos seus entornos familiares) e en vertical(cara aos seus descendentes),podendo reproducirse en futuras xeracións xa que  as feridas causadas estarán presentes ao longo das súas vidas.

Só a través dunha responsabilidade compartida entre o conxunto da cidadanía e os poderes públicos poderemos acabar con esta terrible desigualdade.

O Concello de Carral e a comunidade educativa subscriben este manifesto contra todas as violencias, por todas as mulleres, por toda a sociedade, co convencemento de que non existen barreiras ideolóxicas  nin políticas  para poñer freo a unha loita que é de  todas as persoas.

Por todo isto, hoxe, Día Internacional da Violencia de Xénero, e todos os días o Concello de Carral e a comunidade educativa asumen o seu compromiso e amosan o seu rexeitamento a quen exerce a violencia machista e avoga por fomentar modelos de convivencia fundamentados no respecto,no bo trato e na igualdade entre mulleres e homes.

NON QUEREMOS NIN GOLPES QUE DOIAN NIN PALABRAS QUE FIRAN.

NON DEIXES QUE PASE O TEMPO. FAINO POR TI.


mércores, 4 de novembro de 2020

 

Bos días.

Estamos encantados de informarvos que a nosa biblioteca Pasando Páxina dispón dun espazo na aula virtual do centro.

Xa podedes realizar os vosos encargos no apartado préstamos. Nós encargarémosnos de levalos á vosa aula.