xoves, 17 de decembro de 2015

Recomendacións Nadal


Xa están aquí as nosas recomendacións para o Nadal. Esperemos que vos gusten.

Bo Nadal  e Feliz 2016


venres, 11 de decembro de 2015

Visitas guiadas para a exposición " A de Astrónomas"

Dende o pasado 20 de novembro e ata o 8 de xaneiro de 2015 contamos na biblioteca coa exposición "A de Astrónomas", xentileza da Facultade de Matemáticas da USC.  Nela podemos apreciar a historia e a evolución desta ciencia dende a Grecia Clásica ata a actualidade, asi como a contribución de mulleres tan importantes coma Sandra Faber, Neta Bahcall, Claudia Megan ou Françoise Combes, que adicaron a súa vida á Astronomía.

A semana que vén o Departamento de Matemáticas organizará visitas guiadas para o alumnado deste centro, o IES de Carral, e para o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel. Serán os alumnos e alumnas de 3º ESO C os encargados de guiar a exposición, explicando cada un dos paneis.

Dende a Biblioteca "Pasando Páxina" queremos invitar tamén ás vosas familias e amigos a visitar esta exposición o luns 14 de decembro, de 16.10 a 18.00 horas. Lembrade que os vosos guías estarán encantados da vosa presenza!!!





Engadir título

xoves, 3 de decembro de 2015

Actividades do Club de Lectura "A Pedra Rosetta"


Esta semana estivemos a ler fragmentos de Memorias dun neno labrego, en homenaxe a Neira Vilas, recentemente falecido. Hai dous anos fixo unha visita ao Concello de Carral e, falou para alumnado do noso centro, con motivo da exposición polos 50 anos da publicación do libro anteriormente citado.


VISITA DE NEIRA VILAS A CARRAL on PhotoPeach

sábado, 28 de novembro de 2015

CONCURSO DE RELATO CURTO "NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO"


O día 25 de novembro celebramos no I.E.S de Carral o día contra a violencia de xénero. Como? Pois dende a biblioteca lanzamos un concurso de relato curto "Non máis violencia de xénero" en colaboración coa Concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral.
Foron moitos os participantes! Un total de 11!
Podedes ver a continuación os títulos dos relatos xunto coas súas autoras e autores:

















E o gañador ou gañadora?

Todos os relatos e creacións poéticas chamáronnos a atención pola súa calidade e dimensión humana. Pero finalmente foi Paula Rey(4º E.S.O) co seu relato"Eres miña" a gañadora do concurso. Parabéns, Paula!!!

Especial mención obtivo do mesmo xeito, o alumno de 3º de E.S.O Santiago Varela, coa sea creación "E ainda che llamaba cariño". Parabéns, Santiago!!!



xoves, 26 de novembro de 2015

O novo blog da biblioteca de Carral: "Pasando Páxina"


Benvidos a noso novo blog "Pasando Páxina".
Esperamos que nos acompañedes durante todo o ano e co disfrutedes.
Boa lectura