domingo, 20 de decembro de 2020

xoves, 10 de decembro de 2020

Visita o nos centro á escritora Dores Tembrás


 

Xa fai uns días que a escritora Dores Tembrás visitou o nosso centro para impartir un obrador de poesía (ofrecido polo Concello de  Carral) a todo o alumnado de 1º de E.S.O.

Temos que dar as grazas ao Concelho de Carral e á escritora por facer posibel estas actividades en tempos de COVID



mércores, 25 de novembro de 2020

MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO


Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra as mulleres e as nenas.

A violencia de xénero é unha inxustiza manifesta que empobrece a nosa sociedade e impide o avance cara ao benestar común que todas e todos desexamos.

É un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas. É un problema de mulleres e de homes,da infancia,da xuventude,das persoas maiores,de calquera clase social,cultura ,ideoloxía ou relixión....É un problema global e mundial.

A violencia de xénero proxéctase en horizontal (cara ás mulleres e aos seus entornos familiares) e en vertical(cara aos seus descendentes),podendo reproducirse en futuras xeracións xa que  as feridas causadas estarán presentes ao longo das súas vidas.

Só a través dunha responsabilidade compartida entre o conxunto da cidadanía e os poderes públicos poderemos acabar con esta terrible desigualdade.

O Concello de Carral e a comunidade educativa subscriben este manifesto contra todas as violencias, por todas as mulleres, por toda a sociedade, co convencemento de que non existen barreiras ideolóxicas  nin políticas  para poñer freo a unha loita que é de  todas as persoas.

Por todo isto, hoxe, Día Internacional da Violencia de Xénero, e todos os días o Concello de Carral e a comunidade educativa asumen o seu compromiso e amosan o seu rexeitamento a quen exerce a violencia machista e avoga por fomentar modelos de convivencia fundamentados no respecto,no bo trato e na igualdade entre mulleres e homes.

NON QUEREMOS NIN GOLPES QUE DOIAN NIN PALABRAS QUE FIRAN.

NON DEIXES QUE PASE O TEMPO. FAINO POR TI.


mércores, 4 de novembro de 2020

 

Bos días.

Estamos encantados de informarvos que a nosa biblioteca Pasando Páxina dispón dun espazo na aula virtual do centro.

Xa podedes realizar os vosos encargos no apartado préstamos. Nós encargarémosnos de levalos á vosa aula.