sábado, 17 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018




Benvid@s a tod@s a un novo curso na Biblioteca "Pasando Páxina".

Como manda a tradición celebramos con mota ilusión a festa do SAMAÍN. Fixéronse varios concursos: Quen sabe mais de medo?, Mellor porta decorada, organizados por EDLG e a Biblioteca, e puidemos ver os trucos que nos facía o mago MARTÍN CAMIÑA.

Despois dunha competencia moi dura entre tod@s os alumn@s do I.E.S. de Carral os gañadores son:


Mellor Porta Decorada: 4º B






















Quen sabe mais de medo?

Marta Barros / Uxía Ponce.


domingo, 20 de maio de 2018

Visita da escritora Andrea Maceiras

O martes 24 de abril tivemos a visita da escritora Andrea Maceiras, quen mantivo unha charla co alumnado de 1º ESO que forma parte do proxecto Bágoas  de salitre levado a cabo pola profesora de Lingua galega e literatura do IES de Carral Teresa Pastor Novo.
Todos eles estaban desexosos de coñecer a autora, para ensinarlle  os seus microrelatos e agasallala cun cofre pirata “atopado” nun metafórico mar de Carral, unha maqueta do HSM Serpent( barco protagonista da obra) realizado pola alumna Amara Fernández García(1°B) e máis un cadro que recollía a descripción feita polo libro da autora, pintado pola alumna Candela Rodríguez Quintana( 1° B).

sábado, 28 de abril de 2018

Día do libro





Os alumnos do I. E. S de Carral quixéronons amosar as súas preferencias literarias e fixeron unha foto co seu libro favorito. E o voso, cal é?






sábado, 24 de febreiro de 2018

CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL




Xa están os nosos avión de papel, tuneados con versos e debuxos rosalianos, preparados para facer o seu último voo. Estarán expostos na Biblioteca Pasando Páxina do 26 a 28 de febreiro.














EDLG DO IES DE CARRAL + DPTO DE TECNOLOXÍA + BIBLIOTECA PASANDO PÁXINA

martes, 30 de xaneiro de 2018

Alberto Fortes


O luns 22 tivemos a sorte de contar con Alberto Fortes escritor de obras como: "O violín de Sarasate", " Los viajes de Shackleton a la Antártida", "Amargas han sido las horas", "O corsario", "o dobrón de a oito". Grazas a él recordamos a Sherlock Holmes, Conan Doyle e a Sarasate, personaxes que forman parte do proxecto realizado este ano polos departamentos de Música, Lingua Galega e Inglés.