Os alumnos do I.E.S de Carral decidieron facer un mannequin challenge para manifestarse en contra da violencia que hoxe día sufren moitísimas mulleres.Xa van 40 no noso país!
Non só quisieron manifestarse con imaxes senón tamén con palabras. Se vos fixades, veredes que nas súas mans teñen una haikus(poexía xaponesa formada por tres versos de 5, 7, 5 sílabas). Aquí veredes o realizado na biblioteca Pasando Páxina, pero si ides á páxina de Educación e Benestar de Carral podéis atopar o realizado ese mesmo día no Concello. Grazas a Educación e Benestar de Carral, grazas a todos os alumn@s e profesores que participaron neste vídeo.
Este ano houbo unha verdadeira competición entre @s alumn@s por ser @s gañadores dos diferentes concursos de Samaín, organizados por EDLG e a Biblioteca "Pasando Páxina".
E os gañadores son:
Rita Pardo e Candela Gómez (3º de E.S.O) por QUEN SABE MAIS DE MEDO? Os alumn@s de 2º A por MELLOR AULA DECORADA
Benvid@s a tod@s a unha nova etapa da Biblioteca "Pasando Páxina", chea de ilusión, sonos, desexos...
Xa queda pouco para comezar as reunións dos luns do Club de Lectura "Pedra Rosetta". Este ano somos case cincuenta persoas de todas idades, de primeiro a cuarto de E.S.O e con gustos e intereses moi diversos. Coñeceremos tod@s!!! Comeza a aventura 3,2,1...
Un grupo de profesores do IES de Carral e do CEIP Vicente Otero elaboramos un Proxecto de Traballo para as aulas que tiña como finalidade que o alumnado crease, presentase e visitase unha exposición. Este é o resultado.
O pasado 18 de maio cumpriuse o 1º Centenario da
constitución das Irmandades da Fala na Coruña. Sabido é que esta institución
levou a cabo un inxente labor a prol da nosa lingua, sendo un dos principais
obxectivos impulsar a actividade editorial, coa creación de editoriais,
revistas e xornais, como canle óptima para espallar un idioma. Recollendo pois
este testemuño deixado cen anos atrás, os alumnos e alumnas de 4º ESO PDC
quixeron honrar a dita efeméride e continuar con esa tarefa vitalizadora da
lingua e, asemade, para festexar esta data.
Para iso, o dito alumnado, coordinado pola súa profesora de
Ámbito lingüístico e social Teresa Pastor Novo, presentou na biblioteca do IES
de Carral a revista DEVANCAR, onde se
recompilan os seus traballos de pintura e poesía,focalizados na unidade didáctica “As vangardas europeas e a súa repercusión en
Galicia”, obxecto de estudo no 2º trimestre deste curso.
O dito acto contou cunha nutrida presenza: ademais dos
autores da mesma, xunto coa súa profesora, estiveron os inspectores de
Educación Juan Carlos Varela e Elisardo Varela, a directora Fátima Castro e a
concelleira de Educación do concello de Carral Florinda Duarte. Tamén estiveron
as familias do alumnado autor da revista, alumnado de 1º e 3º ESO,un alumno de 2º ESO A, David García Mallón,
que foi o encargado de deseñar a portada da revista DEVANCAR e varios profesores e profesoras do centro. A directora do
IES inaugurou o acto e a continuación deulle a palabra a coordinadora deste
traballo, a profesora Teresa Pastor Novo, quen explicou o proxecto
desenvolvido. Trala lectura dos seus poemas por parte do alumnado, interviron
os inspectores de Educación antes nomeados e a concelleira de Educación para
eloxiar o traballo feito. Como broche final, varios alumnos e alumnas
interpretaron o himno do Antergo Reino de Galicia con gaitas e percusión,
coordinados pola profesora de Música Mª José Miranda.
Grazas a todos os alumnos e aos profesores, especialmente ao departamento de Lingua Castelá, que fixeron posible a lectura continuada
do Quixote, celebrado o día 20 de abril na biblioteca "Pasando Páxina".
O venres 22 de xaneiro, os alumnos do 1º ciclo da E.S.O disfrutaron da presenza de Xulia Vicente, unha das novas autoras de banda deseñada con máis proxección.
Xulia presentounos non só as técnicas e curiosidades do cómic senón tamén do apaixoado mundo das Belas Artes, carreira que como puidestes comprobar, tamén ten importantes saídas profesionais.
Finalmente tivemos o pracer de preguntarlle polo novo libro "Anna Dédalus, la mejor detective. El misterio de la mansión quemada", debuxado pola propia Xulia, en colaboración con Nuria Tamarit e escrita por Miguel A. Giner Bou. Este libro presentábao pola tarde, ás 19.30 en Alita Cómics.
venres, 22 de xaneiro de 2016
Rematamos o ano coa Exposición " Con A de Astrónomas".
Tivemos o pracer de recibir a pais de alumnos , e tamén a alumnos de 4º, 5º de primaria acompañados das súas profesoras.
Aquídéixovos uns vídeos nos que podemos ver o contido dos paneis narrados polos alumnos de 3º C
Bo traballo, rapaces! Grazas a todos pola vosa colaboración e interese, en especial a Anxo, Paula, Luisa, Helena