venres, 11 de decembro de 2015

Visitas guiadas para a exposición " A de Astrónomas"

Dende o pasado 20 de novembro e ata o 8 de xaneiro de 2015 contamos na biblioteca coa exposición "A de Astrónomas", xentileza da Facultade de Matemáticas da USC.  Nela podemos apreciar a historia e a evolución desta ciencia dende a Grecia Clásica ata a actualidade, asi como a contribución de mulleres tan importantes coma Sandra Faber, Neta Bahcall, Claudia Megan ou Françoise Combes, que adicaron a súa vida á Astronomía.

A semana que vén o Departamento de Matemáticas organizará visitas guiadas para o alumnado deste centro, o IES de Carral, e para o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel. Serán os alumnos e alumnas de 3º ESO C os encargados de guiar a exposición, explicando cada un dos paneis.

Dende a Biblioteca "Pasando Páxina" queremos invitar tamén ás vosas familias e amigos a visitar esta exposición o luns 14 de decembro, de 16.10 a 18.00 horas. Lembrade que os vosos guías estarán encantados da vosa presenza!!!





Engadir título

Ningún comentario:

Publicar un comentario