sábado, 28 de novembro de 2015

CONCURSO DE RELATO CURTO "NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO"


O día 25 de novembro celebramos no I.E.S de Carral o día contra a violencia de xénero. Como? Pois dende a biblioteca lanzamos un concurso de relato curto "Non máis violencia de xénero" en colaboración coa Concellería de Educación, Traballo e Benestar social do concello de Carral.
Foron moitos os participantes! Un total de 11!
Podedes ver a continuación os títulos dos relatos xunto coas súas autoras e autores:

















E o gañador ou gañadora?

Todos os relatos e creacións poéticas chamáronnos a atención pola súa calidade e dimensión humana. Pero finalmente foi Paula Rey(4º E.S.O) co seu relato"Eres miña" a gañadora do concurso. Parabéns, Paula!!!

Especial mención obtivo do mesmo xeito, o alumno de 3º de E.S.O Santiago Varela, coa sea creación "E ainda che llamaba cariño". Parabéns, Santiago!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario