mércores, 28 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Dende a Biblioteca Pasando Páxina do IES de Carral creamos esta listaxe de títulos que vemos ben interesantes para ler na praia, na piscina, no campo, na montaña, ou onde queirades! 


Recordade que, entrando coas vosas credenciais en E-LBE.2, podedes coller en préstamo calquera destes títulos. Só tedes que entrar na ligazón: 


https://bega-elbe2.edu.xunta.es/list/recomendacions-lectoras-para-o-veran-615839



Boas vacacións! 📚🌴🌞


#lermola

venres, 14 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO '23

Lectores e lectoras da Biblioteca Pasando Páxina: 

Como sabedes, dende o 17 ao 21 de abril conmemoramos a Semana do Libro no IES de Carral. 

Durante esa próxima semana poderedes participar en dous concursos:
  • Concurso fotográfico Book-Face, no que debedes seleccionar unha portada dun libro (da Biblioteca ou un libro que teñades na casa) e idear unha imaxe creativa integrando algunha parte do corpo ou da vosa indumentaria coa portada do libro. Algúns profesores e profesoras xa se estiveron divertindo, como podedes ver nas imaxes do cartel adxunto! 
  • Concurso de relato breve: BASES:
  1. O tema dos relatos será libre.
  2. Terán un minimo dunha páxina e un máximo de 5, escritas en letra Arial 12 ou similar.
  3. Os relatos deberán ser entregados co nome e apelidos do autor /autor.
  4. O xurado profesional outorgará 2 premios (1° ciclo e 2° ciclo da ESO).
  5. Os relatos recibidos formarán parte dun libro editado e publicado pola Biblioteca Pasando Páxina.
Debedes enviar as vosas propostas a este correo: biblioteca@iescarral.com
prazo de recepción das imaxes Book-Face finalizará o 21 de abril, e o dos relatos finalizará o día 23 de abril do 2023 (Día do Libro).

Animádevos! 

#lermola

  

mércores, 8 de marzo de 2023

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Dende a Biblioteca Pasando Páxina do IES de Carral aproveitamos a Semana da Prensa para centrar o 8M no estudo das mulleres e o periodismo. Esta semana, contaremos cos relatorios de varias exalumnas do IES ou do CPI Vicente Otero que están vinculadas ao mundo do xornalismo. 


Ademais, rapazas de 2º representarán a todo o alumnado nun pleno no Concello de Carral o mércores de 10:30 a 12:30.
Dende os diferentes departamentos tentarase vincular a muller co xornalismo a través de figuras como Nellie Bly, Lee Miller ou Carmen de Burgos.





venres, 16 de decembro de 2022